Centro de información ás Mulleres

Dirección

Concello de Lalín
36500 Lalín Pontevedra
España

Horario

8:00 - 15:00

O Concello de Lalín mantén un convenio de colaboración cos Concellos de Rodeiro e Agolada para a prestación conxunta do Centro de información ás Mulleres. Este acordo serve para definir as principais liñas de actuación conxunta para a coordinación, dirección, xestión, financiamento, organización e funcionamento do Centro de información ás Mulleres (CIM), do que o Concello de Lalín é titular dende o ano 2002. É atendido por dúas técnicas, unha asesora xurídica e unha psicóloga en horario de 8:00 a 15:00 horas de luns a venres, no andar baixo do Concello de Lalín.