Igrexa de Ventosa

Interior igrexa de San Xulián de Ventosa
Patrimonio relixioso

A Construción do templo desta parroquia englóbase nos séculos XII-XIII, entre os anos 1170 e 1200, pero da súa orixe románica tan só queda a fachada e a nave. Todo o demais é unha mestura de estilos, románico orixinal con outros como o gótico, ou incluso, no seu interior atópanse figuras da época medieval. Algo destacable é que se levantou no lugar desta parroquia chamado Os Chaos e foron trasladando pedra a pedra ata colocala no lugar actual. 

O seu aspecto por fóra non ten nada fóra do común xa que é igual ao do resto de igrexas do rural. Pero no seu interior esconden importantes sorpresas que polo xeral, non deixa a ninguén indiferente: acolle unha marabillosa colección de escultura medieval. Destaca a tumba do abade Lope de Ventosa, incrustada nunha tumba na que os expertos incluso falan de que se trata dunha reconstrución do Pórtico da Gloria, pero en tamaño pequeno. De feito, Filgueira Valverde chamaba a Ventosa  “a catedral rural de Galicia”. A igrexa romántica orixinal desapareceu polas obras do século XIX que desmontaron o baldaquino, que os fregueses e o crego foron colocando polas paredes, conformando unha nova arquitectura. Tamén chama a atención a policromia que presenta.