Pazo de Borraxeiros

Pazo de Borraxeiros.
Patrimonio civil

Grande edificio de propiedade privada que data o século XVI. Foi construído despois da destrución dunha anterior fortaleza durante a revolución dos Irmandiños. Ten planta rectangular e conserva un torreón cilíndrico así como varios escudos na fachada. Para a construción deste pazo, no século XVII, aproveitáronse elementos do antigo castelo dos Altamira situado nas terras de Vilela. A construción é de planta cuadrangular, ten unha fachada anenada de dúas plantas, con porta neoclásica e cheminea barroca. Nos catro escudos que flanquean as entradas pódense apreciar as armas dos Salgado e Fuciños entre outros. Os restos do castelo e as terras de Borraxeiros terminaron pertencendo á mitra de Santiago e, por bula Pontificia de Gregorio XII autorizouse a Felipe II a vendelas no ano 1.583 a Don Antonio Salgado Gundín, clérigo da casa de Laxe en Monterroso. O apelido Fuciños incorporouse ó escudo e linaxe por matrimonio cunha herdeira do solar, fai máis de cen anos.
O título de Conde de Borraxeiros, foi concedido por primeira vez o 21 de xaneiro de 1.761 a Joaquín Salgado, Capitán de Milicias.