Patrimonio relixioso
A igrexa de Ramil ten claros vestixios prerrománicos e incluso, visigóticos na súa estrutura. Estes elementos proceden seguramente do templo primitivo, do que se advirten as súas ruínas preto do actual, que os incorporou ao ser erguidos nos primeiros anos do século XII; aínda que ten tamén elementos gotizantes como os capiteis interiores. Polo demais a nave é de nave única, ábside cadrada, fiestras abucinadas, portada de arco sobre columnas cun sobrio arco triunfal, que con dobre arquivolta definen o conxunto desta xoia románica, obra de anónimos canteiros medievais.