Patrimonio civil

O recinto dos Pendellos de Agolada datan do século XVIII e eran un punto de encontro comercial no que dende diferentes puntos da xeografía se acercaban a mercar o gando e os produtos típicos. Porque a Feira do Doce era unha das principais feiras de Agolada que atraían a xente dende diferentes puntos da xeografía.

Grande edificio de propiedade privada que data o século XVI. Foi construído despois da destrución dunha anterior fortaleza durante a revolución dos Irmandiños.

Era coñecido como a Casa Solar dos Basadre. Na actualidade, funciona como establecemento turístico, ofrecendo servizo de comidas e de hospedaxe e nel tamén se realizan distintos eventos. 

Existiron na comarca de Deza varias pontes e esta chegou aos nosos tempos. Trátase da coñecida como Ponte dos Cabalos que se atopa entre a parroquia agoladesa de Gurgueiro e a lalinense de Parada. Esta ponte foi restaurada no ano 2020.