A ruta da Canle de Ramil

A Canle de Ramil
Ruta de sendeirismo

Trátase dun roteiro circular de interese ambiental e cultural. Os asistentes partirán dende a Eira da Xoana, situada na parroquia de Ramil. Alí in situ poderán coñecer a historia de recuperación deste inmoble. Despois, a ruta transcorrerá pola Canle de Ramil podendo desfrutar do río Ulla e de paraxes únicas. O camiño elixido levará aos participantes ata o monte de Basadroa, onde se informará dos petróglifos e mámoas que podemos atopar pola contorna. Por último, a través do Camiño Real, volverase ao punto de partida. É unha ruta de 10 quilómetros, circular e de dificultade media.

A Canle de Ramil Trátase dun roteiro circular de interese ambiental e cultural. Os asistentes partirán dende a Eira da Xoana, situada na parroquia de Ramil. Alí in situ poderán coñecer a historia de recuperación deste inmoble. Despois, a ruta transcorrerá pola Canle de Ramil podendo desfrutar do río Ulla e de paraxes únicas. O camiño elixido levará aos participantes ata o monte de Basadroa, onde se informará dos petróglifos e mámoas que podemos atopar pola contorna. Por último, a través do Camiño Real, volverase ao punto de partida.