CAMPAÑA DE COMPOSTAXE DOMÉSTICA DO CONCELLO DE AGOLADA
Os residuos orgánicos representan practicamente o 50% da nosa bolsa do lixo. Se es un veciño/a de Agolada que dispón dun pequeno terreo, podes aproveitar estes residuos para facer un compost de excelente calidade. Para isto, dende o Concello, poñemos á túa disposición composteiros e aireadores de uso doméstico. Para reservalos só tes que inscribirte no enlace da parte superior.
Para máis información podes chamar ao 647 521 464 ou ben enviar un correo a residuos@agolada.es
↪️ Enlace de inscrición: https://agolada.rsu.gal/
👏🏻👏🏻 GRAZAS POR AXUDAR A REDUCIR A NOSA PEGADA ECOLÓXICA👏🏻👏🏻