CONCESIÓN SUBVENCIÓN: PUNTOS LIMPOS FIXOS DE PROXIMIDADE

Que, por medio de RESOLUCIÓN do 03 de novembro de 2023, da dirección xeral de calidade ambiental, sostibilidade e cambio climático vicepresidencia segunda e consellería de medio ambiente, territorio e vivenda, se comunica a concesión de axudas en base a convocatoria establecida pola Orde do 21 de xullo de 2023 que estableceu as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal, cofinanciadas polo fondo Europeo relativo ao Mecanismo de Recuperación e Resiliencia da UE no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia - Financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU, e se procedeu á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva para os anos 2023 e 2024 (código de procedemento MT975S). Mediante dita resolución resultou beneficiario dentro da Liña 2. Puntos Limpos de Proximidade, expediente EELL-043-2023-RES (I) dunha axuda por importe de 8.811 euros para o período 2023 /2024 que se adicará a adquisición de 3 puntos limpos de proximidade.