EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA

Exposición fotográfica sobre a deconstrución da masculinidade tradicional. Este proxecto xurde e lévase a cabo coa finalidade de reflexionar sobre a necesidade de deconstruir o modelo de masculinidade dominante e sobre a importancia de xerar novas formas de relación coas mulleres, vínculos mais libres para ambos e afastados do que a sociedade patriarcal nos inculcou e nos vendeu como "normal". Para elo, e, como medio, empregouse a fotografía, executando 19 fotos, nas cales, aparecen, de forma voluntaria, 41 persoas -34 homes e 7 mulleres. HORARIO: DE LUNS A VENRES DENDE AS 9:00 ÁS 14:00 HORAS. DISPOÑIBLE ATA O 27 DE DECEMBRO. PROXECTO DOS SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO DE SOBER, GRAZAS POR CONTAR CON NOS.