O CONCELLO DE AGOLADA RESULTOU BENEFICIARIO DUNHA SUBVECIÓN POR IMPORTE DE 118.006,08 € PARA A ACTUACIÓN "OBRAS DE REHABILITACIÓN E MELLORA ENERXÉTICA DA CASA DO CONCELLO DE AGOLADA"

SUBVENCIÓN MELLORA ENERXÉTICA DA CASA CONSISTORIAL
A Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes (na actualidade, Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes) estableceu as bases reguladoras e convocou as subvencións que se recollen na Orde do 16 de xaneiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións, de carácter plurianual e en réxime de concorrencia competitiva, para a realización de obras de eficiencia enerxética en edificios e infraestruturas vinculados á prestación de servizos municipais, destinadas a concellos de Galicia, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027. De acordo co disposto na orde de convocatoria, a directora xeral de Administración Local, por delegación do conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes (Orde do 16.01.2024, DOG núm. 13, do 18 de xaneiro, e artigo 3.5 da Orde do 12.06.2024, DOG núm. 117, do 18 de xuño), resolveu concederlle unha subvención ao Concello de Agolada para o proxecto denominado Obras de rehabilitación e mellora enerxética da casa do concello de Agolada, por importe de 118.006,08 €. Ao longo do 2024 e 2025 se foron levando a cabo as actuacions de sustitución da caldeira de gasoil e retirada do seu depósito, por unha nova fonte de aerotermia, tamén se realizaron traballos de sustitución de toda a carpintería de aluminio, portas e fiestras así como un trasdosado de placas de xeso con illamento intermedio entre o esterior e o interior e finalmente se remataron coas actuacions de pintura e sustitución da iluminación de incandescencia antigua por novas luminarias de tipo led. Unha vez rematados os traballos de mellora da eficiencia enerxetica na casa do concello de Agolada con actuacions de mellora e sustitución de elementos por outros máis eficientes e hora de dalo a coñecer a toda a veciñanza, así como a boa nova doutra concesión de axudas que permitirá actuar de igual xeito no centro de saude de Agolada.