PROGRAMA GALEGO DE DETECCIÓN PRECOZ CANCRO DE MAMA: INFORMACIÓN

O PROGRAMA GALEGO DE DETECCIÓN PRECOZ DO CANCRO DE MAMA pon a disposición das veciñas de Agolada o servizo de transporte gratuíto para acudir á Unidade de Exploración Mamográfica, situada no Hospital Xil Casares. As exploracións realizaranse a partir do seis de maio e extenderanse ao longo de sete días. O autobús saíra dende a Praza do Concello ás 7:30 horas ou ás 11:30 horas. IMPORTANTE: Este ano as citacións realizaranse a partir dun SMS ao móbil que teña a usuaria adscrito a súa tarxeta sanitaria, de non ter ningún recibirán a notificación por correo postal. Neste SMS contarán con un LINK ao que deben acceder para informarse da súa cita (día, horario, parada..).