A Deputación Provincial de Pontevedra, ven de comunicar a resolución pola cal se lle concede ao Concello de Agolada unha axuda eonómica por importe de 119.254,59 €, para cofinanciar as contratacions de 13 persoas desempregadas que se encargarán de cubrir diferentes postos adicados a atención de servizos básicos municipais. En canto ás funcións para as que se contratarán ós traballadores, de acordo coas memorias achegadas, consisten, en servizos de interese xeral e social.
A axuda comprende o custo salarial e a cotización á seguridade social, da contratación das persoas desempregadas que reúnan os requisitos esixidos.
Todos os contratos deben iniciarse a partir do 1 de xaneiro de 2023 e finalizarán como máximo o 31 de decembro de 2023.
Obxecto da subvención (número de contratos, tipo de xornada e duración):
1 empregado/a administrativo/a con tarefas de atención ao público (reservada a persoas con discapacidade recoñecida igual ou superior ao 33%) a xornada completa durante 10,5 meses; 4 operarios/as pavimentadores/as, 3 operarios/as poceiros/as redes de saneamento e 3 operarios/as mantedores/as de edificios a xornada completa durante 6 meses; 1 operario/a pegador/a de cartaces e 1 ordenanza (reservadas a persoas con discapacidade recoñecida igual ou superior ao 50%) a media xornada durante 3 meses.
Documento