Cultural
A Asociación Cultural Bico da Balouta foi fundada o día 12 de abril de 1994 na parroquia de Vilariño. O fin principal desta é o fomento, estudo e difusión da música tradicional galega. A asociación dende a súa orixe realiza diversas actividades relacionadas coa difusión e enriquecemento da cultura galega, participando en distintos actos: alboradas, pasa corredoiras, foliadas, romarías, feiras, festas, certames musicais, intercambios músico-culturais, concertos, xiras musicais por establecementos de hostalaría e outros, entregas de premios, eventos deportivos e actuacións musicais de todo tipo, tanto sobre escenario coma sen el.