No ano 1993 continuando co espírito musical da desaparecido Banda de Música Cultural de Brántega, fórmase a Banda de Música Municipal de Agolada. Foi impulsada pola Asociación de Amigos da Banda de Música Municipal de Agolada que se constituíu presidida por Andrés Otero Vázquez. O seu primeiro director foi José Manuel Collazo Verde, que fixo da banda unha realidade e creou o que sería despois a Escola de música Municipal de Agolada. No ano 1994 faise cargo do proxecto José Luís Quintás Carreira, quen realiza unha labor de promoción da Escola de Música grazas á cal se produce unha renovación da plantilla case na súa totalidade. En xaneiro de 2007, toma o relevo da dirección da banda o que ata ese momento ocupaba o atril de clarinete principal, Nilo Jesús García Armas, dando paso así a unha nova etapa na cal se realizan proxectos novedosos como a colaboración da banda cun grupo de baile moderno, coa Orquesta Los Satélites e con solistas como a prestixiosa gaiteira Susana Seivana. A Banda de Música Municipal de Agolada ten realizado concertos e actuacións por toda a xeografía galega, Portugal e diversos puntos de España (Valencia, Murcia, Bilbao...), tamén participa en festivais de bandas, e como non, organiza o seu propio Festival de Bandas de Música Marcos Areán. A pesar de ser unha banda de música de relativa corta idade xa se gañou unha merecida reputación, participando en diferentes certames e acadando varios premios. Realiza tamén a gravación de dous traballos discográficos, un para conmemorar o seu 15 aniversario e outro titulado Unha década de Certames. Na actualidade (ano 2021), a Banda de Música Municipal de Agolada está formada por 45 profesores e conta cunha escola de música integrada por 60 alumnos, unha banda xuvenil e unha banda infantil que garanten a continuidade da banda. Á fronte da dirección titular da banda e da escola está o mestre Miguel Adrián Pazos Alonso.
Do seu currículo podemos destacar os seguintes premios obtidos: 1º Premio no I Certame de Bandas de Música da Excelentísima Deputación de Pontevedra (2001) na Sección Terceira; 1º Premio no II Certame de Bandas de Música da Excelentísima Deputación de Pontevedra 2 (2002) na Sección Terceira; 2º Premio no IV Certame de Bandas de Música da Excelentísima Deputación de Pontevedra (2004) na Sección Segunda; 1º Premio no VIII Certame de Bandas de Música da Excelentísima Deputación de Pontevedra (2008) na Sección Segunda; 1º Premio no II Certame Galego de Bandas de Música Populares (2008) Sección Segunda; 1º Premio no II Certame Zonal de Bandas de Música da Excelentísima Deputación de Pontevedra (2009) Sección Segunda; 2º Premio no V Certame Galego de Bandas de Música Populares (2011) Sección Segunda; 3º Premio no "Certame Internacional de Bandas de Música Ciudad de Valencia" (2012) na Sección Segunda; 2º Premio no VII Certame Zonal de Bandas de Música da Excelentísima Deputación de Pontevedra (2014) Sección Segunda e 2º Premio no VIII Certame Galego de Bandas de Música Populares (2014) Sección Segunda.