Saúdo alcalde:
En maio de 2019 decidistes darme a vosa confianza para un novo tempo e un novo modo de facer política. Agradezo o voso apoio e agardo que as expectativas que depositastes en min sexan amplamente atendidas e cubertas.
A miña dedicación estará orientada a atender as vosas demandas, sempre dentro do que a legalidade e posibilidades orzamentarias nos permitan, e a procurar a mellora do ben común de todos os veciños e veciñas desta benquerida terra.
Tedes a porta do meu despacho aberta para vos atender o mellor posible.
Luis Calvo Miguélez.