Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, a través da dirección xeral de administración local, resolveu concederlle unha subvención ao Concello de Agolada para o proxecto denominado Melloras e actuacions para a eficiencia enerxética no centro de saude de Agolada, por importe de 118.613,31 €.
Ditas actuacions se levan a cabo durante as anualidades de 2025 e 2026 tendo o seu prazo de remate previsto para finais de outubro de 2026.
As obras de mellora enerxética propostas céntranse en tres categorías:
- Obras de mellora da envolvente térmica do edificio (pechamentos opacos, teitos, solos e ocos de carpinterías).
- Obras de mellora dos sistemas de calefacción.
- Obras de mellora dos sistemas de iluminación eficiente no interior do edificio.
Documento