PLAN CONCELLOS 2023- CONTRATACIÓNS

AGOLADA 01.03.2023 O Concello de Agolada rematou a contratación de 13 operarios integrados en diferentes departamentos municipais e dentro da Liña 3 do denominado Plan Concellos da Deputación Provincial de Pontevedra. As contratación van dende os 3 meses a media xornada e con reserva de postos a persoas con discapacidade ata os 10 meses e medio para o posto de auxiliar administrativo pasando por varios postos de 6 meses de duración a xornada completa para tarefas de poceiros, mantedores e pavimentadores. Todos os contratos deben rematar antes do 01/01/2024, tal e como se establece nas bases da Deputación de Pontevedra.