Merendeiro do Arnego

Bares e restaurantes

Situado no lugar da Ponte Vilariño, trátase dun negocio familiar fundado no 1976 e rexentado por tres xeracións. Tras mudar o seu primeiro aspecto (moblaría) en taberna e despois das posteriores ampliacións, na actualidade conta con tres comedores e unha terraza da que a clientela pode desfrutar no verán. O restaurante, rodeado dun enclave paisaxístico peculiar, debe o seu nome ao río que pasa ao seu carón, Arnego. Entre as súas especialidades atópanse as troitas con panceta e o churrasco de tenreira, pero sen esquecer que tamén ofrece outras alternativas, sen deixar de mencionar o menú do día que oferta pola semana (agás os martes, día no que está pechado). Ademais as fins de semana na súa carta conta con outros pratos entre os que se atopan as anguías e o polbo á feira (domingo). Tamén dicir que por encarga realiza calquera tipo de menú acorde ao gusto de cada cliente, así como calquera tipo de celebración que non supere os 150 comensais.